jueves, 28 de febrero de 2013
domingo, 3 de febrero de 2013
Gañadora relato 2ºC
Noraboa Aida!
A EXPERIENCIA DUNHA CLASE
Hoxe imos ir a unha excursión de ciencias naturais, vai ser unha aventura espectacular, sobre todo porque imos ver un laboratorio e imos facer experimentos co famoso científico Stephen William Hawking, xa que para el é un pouco complicado traballar nun laboratorio con cadeira de rodas.
Iamos no autobús cando unha roda rebentou, todos estábamos asustados porque pensábamos que iamos a caer dun lado. O condutor decidiu que sairamos o antes posible. Todos nos separamos un anaco do autobús e viamos como rebentaban as demais rodas. Entón a profesora dixo:
-Quen sabe a que se debe isto?
-Eu seino. É porque encheuno moito de aire- dixo Marcos e todos votamos a rir.
-Non é por iso Marcos. Quen o sabe?- volveu a repetir a profesora
-É porque as rodas están desgastadas- dixo Ánxela e a profesora díxolle que era por iso ou pola diferencia da temperatura.
O pouco chegou outro autobús e levounos ata o laboratorio onde nos agardaba o científico Stephen Hawking, que nos recibiu con moita ledicia. Cando entramos no laboratorio explicounos como unha roda pode explotar ao sol se a roda esta fría, unha coincidencia co que nos acabara de pasar Tamén fixemos experimentos co uranio e co alcohol. Gustounos moito a experiencia.
Ao cabo dunha hora máis ou menos volveu o autobús a buscarnos, e durante a viaxe viñemos conversando sobre a excursión.
-Foi unha gran aventura- dixen eu
-Por que?- preguntou Ánxela
-Porque primeiro rebentan as rodas do autobús, esperamos a que nos recollera outro autobús e fixemos moitos experimentos con científico Stephen Hawking. Hai algo mellor que isto?- dixen eu
-Tes razón, esta excursión foi é e será inesquecible, esta excursión é a mellor de todas as excursións que fixen na miña vida! – Dixo Ánxela
-Xa! Tes moita razón, esta é unha excursión inesquecible, xa que estamos a pasalo ben e estamos todos xuntos, que é o que realmente importa- dixo Clara
Entón fixemos unha parada para xantar, e ao cabo de unha hora continuamos a viaxe. E según arrancamos vemos a profesora correndo detrás do autobús. esquecerámonos dela! Todos botamos a rir e o condutor parou para que subirá o autobús. Agora que si estábamos todos, arrancamos para ir ás nosas casas.
-Vedes! Ó final eu tiña razón, unha experiencia da clase, da clase de 3ºC, este día nunca o esqueceremos na nosa vida - dixen eu
-Xa! - contestaron todos a vez
Gañadora relato 2ºB
Noraboa Ana!
ECLIPSE ANULAR TERRORÍFICO
Nun
pobo do suroeste de África alonxado de todo tipo de civilización
vivían os góngatos, unha tribo moi pobre e con moitas crenzas
relixiosas.
Nun
caloroso día de sol, mentres realizaban as súas tarefas habituais
un deles decatouse de que algo extraño lle pasaba ó sol: unha
enorme sombra negra comezou a tapalo e todo escureceu. Todos miraban
abraiados e incrédulos cara o ceo, estaban aterrados, no ceo só
quedaba un aro polo que apenas saía luz. Presas do pánico correron
á chabola do chamán. Este encontrábase meditando, pero espertou
deseguido ó oír os berros. Desconcertado pola escuridade
preguntoulles que pasara. Eles contáronllo mentres el oía e a súa
vez intentaba encontrarlle a lóxica ós sucesos. A continuación
ergueuse e dunha caixiña de madeira taiada a man sacou uns
pergamiños que semellaban ser moi antigos. Comezou a lelos e cando
rematou a súa cara só desprendía preocupación. Todos o miraban
expectante pero ninguén se atrevía a falar. Pasaron varios minutos
ata que dixo:
-Quero
velo,deseguido!
E
nese intre dous dos homes de aparencia máis forte foron cara el,
agarrárono e levárono ao exterior da chabola. Cando este ergueu a
vista ó ceo e viu o eclipse aínda se preocupou máis.
-Que
é o que pasa?-preguntou un neno duns sete anos.
-Segundo
di a profecía cando un aro de luz se forma no ceo e todo escurece, é
un aviso de que ese pobo vai ser destruído polos deuses en pouco
tempo. - explicou o chamán.
Todos
estaban aterrados e, como non sabían que facer, comezaron a actuar
inconscientemente. A preocupación e o medo apoderáronse dos
habitantes do pobo e como consecuencia xurdiron numerosas
catástrofes, coma explosións, mortes, asasinatos…
Un
avión que sobrevoaba o pobo notou que algo non ía ben, e chamou aos
equipos de rescate para que se achegaran a investigar os sucesos.
Un
mes despois acudiron alí tradutores, médicos, militares e algún
que outro científico. No pobo quedaban unas cen persoas e a maioría
gravemente feridas. Todos puxeron o seu gran de area e pouco a pouco
as condicións dos Góngatos melloraron.
Para
asegurarse de que unha catástrofe similar non se repetía decidiron
formar unha ONG que viaxase alí mensualmente. Esa ONG foi todo un
éxito,non só se aseguraban de que non xurdiran novas catástrofes,
senón que tamén ensinaban a pequenos e maiores, e sobre todo
asegurábanse de que fosen felices.
Gañadora relato 2ºA
Noraboa Natalia!
RANI E RUNI
Rani
e Runi son dous esquíos que viven alá no monte, no medio dos carballos. pasan o
día a discutir ,pero no fondo quérense
moitísimo.
Esta
semana xuntáronse para recoller landras.
Tiñan que ser moi rápidos para que as súas veciñas non lles quitaran
ningunha,nin foran antes que eles a recollelas.
Rani
díxolle a Runi
- Necesitamos
moitísima enerxía para correr máis que ninguén.
- Vale! Temos que facer unha dieta especial.- contestoulle
Runi
E así o fixeron. Preparáronse
a conciencia e entre os dous recolleron unha gran cantidade. Decidiron que eran
tantas, que ían convertilas en fariña para gardalas. Os dous dixeron a vez,
- Como o imos facer?
- Podemos
tirarlle unha pedra encima , e co peso aplastaranse- decía"Rani".
- Pero temos pouca forza, - contestoulle Runi,
- eu recordo que o mestre díxonos que un
corpo pola súa posición ten enerxía. Entón si tiramos a pedra dende unha pola,
teremos enerxía potencial que se transformará en cinética, e así aplastaranse
máis.
Así
fixeron e convertiron todas as landras en fariña para o inverno.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)