domingo, 21 de abril de 2013

A reproducción sexual en animais e plantas

A reproducción dos animais

Reproducción asexual das plantas

Vantaxes e inconvintes da reproducción sexual e asexual

Os videos da unidade

Nesta páxina tendes os videos que vimos o día do repaso, así como presentacións e exercicios interactivos que poden axudarvos a repasar

http://www.edistribucion.es/anayaeducacion/8430034/unidad_04.html

4- A función de reproducción

domingo, 3 de marzo de 2013

Paxina moi interesante na que tendes videos, presentacións e actividades

http://www.edistribucion.es/anayaeducacion/8430034/unidad_02.html

Repaso e actividades nutricion vexetal

Nutricion das plantas

Actividades de repaso

Nesta páxina podedes realizar varias actividades relacionadas co visto neste tema

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2ESO/Funcseres/contenido2.htm

¿Como respiran os animais?

Video nutrición seres vivos

Repasa os organos dos distintos aparatos implicados na nutricion

domingo, 3 de febrero de 2013

Algunhas actividades (moi faciliñas)

Orgánulos (microfotografías)


Ameba fagocitando un paramecio

As células: cómo funcionan

A célula eucariota

Tipos de células (microfotografías)


Gañadora relato 2ºC


Noraboa Aida!

A EXPERIENCIA DUNHA CLASE

Hoxe imos ir a unha excursión de ciencias naturais, vai ser unha aventura espectacular, sobre todo porque imos ver un laboratorio e imos facer experimentos co famoso científico Stephen William Hawking, xa que para el é un pouco complicado traballar nun laboratorio con cadeira de rodas.

Iamos no autobús cando unha roda rebentou, todos estábamos asustados porque pensábamos que iamos a caer dun lado. O condutor decidiu que sairamos o antes posible. Todos nos separamos un anaco do autobús e viamos como rebentaban as demais rodas. Entón a profesora dixo:

-Quen sabe a que se debe isto?

-Eu seino. É porque encheuno moito de aire- dixo Marcos e todos votamos a rir.

-Non é por iso Marcos. Quen o sabe?- volveu a repetir a profesora

-É porque as rodas están desgastadas- dixo Ánxela e a profesora díxolle que era por iso ou pola diferencia da temperatura. 

O pouco chegou outro autobús e levounos ata o laboratorio onde nos agardaba o científico Stephen Hawking, que nos recibiu con moita ledicia. Cando entramos no laboratorio explicounos como unha roda pode explotar ao sol se a roda esta fría, unha coincidencia co que nos acabara de pasar Tamén fixemos experimentos co uranio e co alcohol. Gustounos moito a experiencia.

Ao cabo  dunha hora máis ou menos volveu o autobús a buscarnos, e durante a viaxe viñemos conversando sobre a excursión.

-Foi unha gran aventura- dixen eu

-Por que?- preguntou Ánxela

-Porque primeiro rebentan as rodas do autobús, esperamos a que nos recollera outro autobús e fixemos moitos experimentos con científico Stephen Hawking.  Hai algo mellor que isto?- dixen eu

-Tes razón, esta excursión foi é e será inesquecible, esta excursión é a mellor de todas as excursións que fixen na miña vida! – Dixo Ánxela

-Xa! Tes moita razón, esta é unha excursión inesquecible, xa que  estamos a pasalo ben e estamos todos xuntos, que é o que realmente importa- dixo Clara 

Entón fixemos unha parada para xantar,  e ao cabo de unha hora continuamos a viaxe. E según arrancamos vemos a profesora correndo detrás do autobús. esquecerámonos dela! Todos botamos a rir e o condutor parou para que subirá o autobús. Agora que si estábamos todos, arrancamos para ir ás nosas casas.

-Vedes! Ó final eu tiña razón, unha experiencia da clase, da clase de 3ºC, este día nunca o esqueceremos na nosa vida - dixen eu

-Xa! - contestaron todos a vez 

Gañadora relato 2ºB


Noraboa Ana!

ECLIPSE ANULAR TERRORÍFICO

Nun pobo do suroeste de África alonxado de todo tipo de civilización vivían os góngatos, unha tribo moi pobre e con moitas crenzas relixiosas.

Nun caloroso día de sol, mentres realizaban as súas tarefas habituais un deles decatouse de que algo extraño lle pasaba ó sol: unha enorme sombra negra comezou a tapalo e todo escureceu. Todos miraban abraiados e incrédulos cara o ceo, estaban aterrados, no ceo só quedaba un aro polo que apenas saía luz. Presas do pánico correron á chabola do chamán. Este encontrábase meditando, pero espertou deseguido ó oír os berros. Desconcertado pola escuridade preguntoulles que pasara. Eles contáronllo mentres el oía e a súa vez intentaba encontrarlle a lóxica ós sucesos. A continuación ergueuse e dunha caixiña de madeira taiada a man sacou uns pergamiños que semellaban ser moi antigos. Comezou a lelos e cando rematou a súa cara só desprendía preocupación. Todos o miraban expectante pero ninguén se atrevía a falar. Pasaron varios minutos ata que dixo:

-Quero velo,deseguido!

E nese intre dous dos homes de aparencia máis forte foron cara el, agarrárono e levárono ao exterior da chabola. Cando este ergueu a vista ó ceo e viu o eclipse aínda se preocupou máis.

-Que é o que pasa?-preguntou un neno duns sete anos.

-Segundo di a profecía cando un aro de luz se forma no ceo e todo escurece, é un aviso de que ese pobo vai ser destruído polos deuses en pouco tempo. - explicou o chamán.

Todos estaban aterrados e, como non sabían que facer, comezaron a actuar inconscientemente. A preocupación e o medo apoderáronse dos habitantes do pobo e como consecuencia xurdiron numerosas catástrofes, coma explosións, mortes, asasinatos…

Un avión que sobrevoaba o pobo notou que algo non ía ben, e chamou aos equipos de rescate para que se achegaran a investigar os sucesos.

Un mes despois acudiron alí tradutores, médicos, militares e algún que outro científico. No pobo quedaban unas cen persoas e a maioría gravemente feridas. Todos puxeron o seu gran de area e pouco a pouco as condicións dos Góngatos melloraron.

Para asegurarse de que unha catástrofe similar non se repetía decidiron formar unha ONG que viaxase alí mensualmente. Esa ONG foi todo un éxito,non só se aseguraban de que non xurdiran novas catástrofes, senón que tamén ensinaban a pequenos e maiores, e sobre todo asegurábanse de que fosen felices.

Gañadora relato 2ºA

Noraboa Natalia!

RANI E RUNI

Rani e Runi son dous esquíos que viven alá no monte, no medio dos carballos. pasan o día a discutir ,pero  no fondo quérense moitísimo.
Esta semana  xuntáronse para recoller landras. Tiñan que ser moi rápidos para que as súas veciñas non lles quitaran ningunha,nin foran antes que eles a recollelas.
Rani díxolle a Runi
- Necesitamos moitísima enerxía para correr máis que ninguén.
- Vale! Temos que facer unha dieta especial.- contestoulle Runi
E así  o fixeron. Preparáronse a conciencia e entre os dous recolleron unha gran cantidade. Decidiron que eran tantas, que ían convertilas en fariña para gardalas. Os dous dixeron a vez,
-  Como o imos facer?
- Podemos tirarlle unha pedra encima , e co peso aplastaranse- decía"Rani".
 - Pero temos pouca forza, - contestoulle Runi, - eu recordo que o mestre díxonos que  un corpo pola súa posición ten enerxía. Entón si tiramos a pedra dende unha pola, teremos enerxía potencial que se transformará en cinética, e así aplastaranse máis.
Así fixeron e convertiron todas as landras en fariña para o inverno.